O concelleiro de Emprego, Jesús Celemín, entregou os galardóns convocados para celebrar o décimo aniversario do centro e cos que o Concello pretende reforzar o tecido empresarial da cidade

O concelleiro de Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, entregou esta mañá no Centro Municipal de Empresas de Agrela os premios ás e aos gañadores do Concurso Éxito10, con motivo do seu décimo aniversario. A iniciativa distinguida co primeiro galardón foi Queluzca, de Carlos González, especialista no asesoramento e a comercialización enerxética, de luz e de gas e máis de fontes renovables.